Por unha escola pública

Por unha escola pública
Con la tecnología de Blogger.

Sesión final del seminario. Reflexión y exposición de los productos.

 El martes 26 de mayo realizamos la sesión final del seminario del PFPP. Cada integrante del grupo fue enseñando los productos finales de sus tareas. 

Gracias al esfuerzo de cada uno salieron productos muy interesantes. Aquí tenéis una muestra de lo que hicimos:
- La profe Bea hizo dos ThingLink en su clase de música con alumnos de tercer ciclo.




- La profe Nieves de 1º y la profe Lourdes de AL usaron el ThingLink para trabajar la pronunciación del fonema r.




- La profe Esther y Elena de 5º de educación infantil hicieron vídeos con iMOVIE dentro de su proyecto del supermercado.


- Os profes de 4º de educación infantil, Mónica e Rubén usaron o Doceri para facer vídeos nos que traballar as formas xeométricas.



La profe Ana hizo en psicomotricidad unos carteles  enriquecidos con realidad aumentada de habilidades físicas básicas con los que decorar el aula de psicomotricidad. Al verlos con la app Aurasma, carga un vídeo de los alumnos haciendo esa habilidad motriz.




El profe Fausto de 3º de primaria, realizó con sus alumnos una exposición del sistema solar usando los propios planetas de ésta para explicarlo con la app Chatterpix. Publicouna no blogue do laboratorio O ollo de Galileo.
La profe Belén realizó un ibook con una historia realizada por sus alumnos de 6º de educación infantil.

La profe Malena hizo una exposición de figuras femeninas gallegas relevantes con códigos QR.

Otras propuestas que realizaron otros profes fueron:
- La profe Ana hizo unas presentaciones con su alumnos de 6º en libre Impress.
-
Además, todos los miembros del pfpp, así como el resto de profes del claustro participaron en la realización de una exposición de carteles con realidad aumentada y códigos QR.
Aquí podéis ver todas las apps que usamos.

Sesión de seminario del 19 de mayo con Manel Rives.

 Hoy tuvimos el placer de contar con @manelrives en la sesión de seminario. Durante poco más de dos horas conocimos un montón de apps. Desde editor de fotos, comics, vídeos, mapas mentales, presentaciones... y mucho más!!


Fue una sesión muy interesante, en la que no sólo aprendimos sobre apps, sino que también cogimos muchas ideas sobre experiencias y proyectos para llevar al aula donde integrar estas apps.


Sesión de seminario do 28 de Abril.

 Hoxe adicamos a sesión a reflexionar sobre o deseño das nosas tarefas, e a súa avaliación. Primeiro repasamos a estructura dunha tarefa, diferencia entre actividade e exercicio, relación dos elementos curriculares con estes (estándar con actividade e exercicio con contido)...
 Unha vez que tivemos claro esto, pasamos a decidir como avaliar a nosa tarefa. Para iso, empezamos por escoller un estándar de aprendizaxe dunha das actividades así como un instrumento de avaliación para valorar a súa consecución. 
Para a próxima sesión deberemos telo xa escollido, para poder levar a nosa sesión ao aula.

Sesión no CEFORE o 20 de abril


 O lunes fomos ao CEFORE para realizar unha sesión  sobre os distintos modelos de pensamento á hora de deseñar as tarefas. É moi importante atender a distintos modelos para que os aprendizaxes dos alumnos sexan moito máis complexos e profundos.
Logo pasamos a traballar como avaliar os estándares de aprendizaxe que queremos traballar coa nosa tarefa. Coa imaxe anterior podemos ver con que instrumentos podemos abarcar máis competencias. Agora na seguinte sesión temos que escoller nós un estándar da nosa tarefa e pensar con que instrumento de avaliación podemos valorar a súa consecución.

Sesión de seminario do 11 de Marzo.


Nesta sesión contamos coa presenza de Susana, e máis as dúas asesoras Cris e Ana. As tres propuseron una dinámica moi divertida na que empregamos distintas apps para traballar a figura de tres mulleres ilustres co obxectivo de participar no proxecto colaborativo As nosas letras
Tivemos que empregar apps como o Doceri, Bamboo Paper, Popplet, Garage Band e iMovie. Ademáis, unha vez feito o vídeo, enlazamos a URL cun código QR para que ao enfocalo cun dispositivo móvil nos remita ao vídeo. Un grupo de mestres que traballan nos cursos Abalar empregaron os mini ordenadores cos programas que traían (Audacity, Openshot...) Aquí temos unha mostra do resultado.




Na segunda parte da sesión, fixemos unha dinámica de reflexión sobre os deseños de tarefas que levamos realizado, co fin de resolver dúbidas e preparar esa tarea para levala á práctica cos alumnos.


Sesión de seminario e curso do 04 de Marzo de 2015


Nesta sesión estivemos acompañados por Susana (@sonhosdeandel) e introducímonos no deseño de tareas, que é algo que segundo a nova lexislación debemos levar a cabo na nosa práctica docente.
Na primera parte da sesión coñecimos o marco teórico seguindo unha presentación.


 Na segunda parte da sesión realizouse unha dinámica teórica-práctica na que analizamos un traballo xa feito, buscamos os erros que tiña e como deberíamos facer para convertila en tarefas. 

Guión: Deseño de tarefas


Esta sesión leva por título GUIÓN 
porque dentro do proxecto de formación 
será o momento no que empecemos a traballar co texto, 
co currículo, coas competencias, cos estándares...


ESQUEMA DA SESIÓN


PRESENTACIÓN INTRODUCIÓN ÁS TAREFAS


PLANTILLA PARA FACER O PRIMEIRO BOCETO  DA TAREFA
Para a seguinte sesión debemos ter este esquema cuberto


PLANTILLA PARA DESEÑAR A TAREFA COMPLETA

Por último, preséntase a plantilla para a deseño da vosa tarefa, 
que será posta en práctica na aula no mes de MAIO.

Temos de prazo ata o día 19 de marzo para realizar o deseño da tarefa.


Para descargar as plantillas premedes en cada imaxe 
e despois dende Archivo escolledes o formato de descarga que prefirades.



Sesión de seminario 10 de febrero-


Nesta sesión do seminario empezamos vendo unha presentación de distintas actividades e tarefas integradas realizadas por nenos de infantil e primaria.

Despois resolvemos dudas técnicas acerca do uso e funcionamento dos iPADs e traballamos por grupos probando distintas apps, con vistas a empregalas en clase para desenvolver unha tarefa integrada.


Coa app iMOVIE fixemos entre todos un vídeo, e pensamos as aplicacións didácticas nas nosas aulas deste app.

RESUMO DA SESIÓN DE CURSO 23 DE XANEIRO


Nesta sesión reflexionamos coas asesoras do cefore e coa relatora Susana sobre o uso de distintas apps para crear actvidades no aula. Empregamos o doceri, autorap, thinglink , o visual poetry, e o notegraphy. Logo recollimos a reflexión de cada grupo nun vídeo feito co tellegami. Aquí temos un exemplo.
video

BASTIDORES: Conclusións xerais sobre a integración das tablets nas actividades de aula

Despois da posta en práctica das actividades deseñadas na sesión Bambalinas, fixemos unha posta en común dos resultados.




Na última sesión reflexionamos sobre a implementación das actividades na aula empregando como ferramenta as tablets, as conclusións que sacamos as asesoras e a relatora son as seguintes:



Ánimo profes, que as actividades foron moi interesantes ;)

Minititorial: Crear un artigo no blogue

Neste minititorial podedes ver cómo se engade un artigo novo ao blogue e se lle engaden etiquetas para poder clasificalo:



Animádevos agora a participar ;)
Tag : ,

BASTIDORES: Reflexión sobre a posta en práctica na aula das actividades

Despois da posta en práctica na aula das actividades deseñadas, imos facer unha sesión de reflexión, pero previamente imos facer unha sesión de AUTO-REFLEXIÓN.

Aqueles profes que deseñástedes as actividades debedes de cubrir este autoinforme para a sesión do día 21 de xaneiro.

Pinchade sobre a imaxe e descargade o AUTOINFORME en formato editable ou ben imprimídeo e o cubrides a man.

Ánimo.

Sesión 1 : Susana Lamela


Onte tivemos unha sesión con Susana Lamela. Aquí deixamos unha foto para que a vexades.

Relatounos a súa experiencia persoal traballando con cativos nunha aula de 2º de E.Primaria con dispositivos móbiles.

Presentounos o proxecto desenvolto baixo o título de "senticolor" que naceu coa idea de traballar a lectoescritura intentando abandoar os métodos tradicionais.

Na segunda parte amosounos o proxecto integrado "carritus", no que de forma globalizada abarca o traballo das distintas áreas do currículo dende unha perspectiva competencial tomando como eixe motivador o consumo responsable.

A continuación ensinamos o resultado do traballo realizado nos distintos grupos.

1º grupo: traballaron cunha regra ortográfica app NOTEGRAPHY: 






2º grupo: traballaron coa app AUTORAP, para crear unha canción onde aconsellaban título de libros




3º grupo: utilizaron a aap WORDMOSAIC para expresar sentimentos






4º grupo: mediante app THINGLINK crearon unha árbore xenealóxica das partes do corpo.






5º grupo: resolveron un problema matemático utilizando app DOCERI  




BAMBALINAS - Deseño de actividades con aplicacións



Despois da sesión (Camerino - Emprego didáctico de apps) onde traballamos con distintas aplicacións, agora cada un de vós debe escoller unha aplicación e deseñar unha actividade de aula con ela.

Para axudarvos no deseño da actividade, deixámosvos este documento, que debedes de copiar e traballar sobre él para o deseño da mesma.


CAMERINO: Emprego didáctico de apps



Temos unhas aplicacións escollidas para vós.
Traballaremos en grupos e realizaremos 5 actividades.
Mostraremos os resultados ao resto de compañeiras e comentaremos cómo o fixemos.
Escribiremos un artigo por actividade incluindo a creación e outras ideas de uso da aplicación.

Esquema de aplicacións e actividades:


Enlaces de descarga as aplicacións para iOS, Android e versións Web dispoñibles:




- Copyright © BalaIPADos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -